Situada nos baixos do edificio principal (100 m2) e adicada á viticultura tradicional. Conta cunha importante exposición de cultura material que recolle tódolos aspectos do cultivo, recolección e transformación da uva en viño, así como a posterior destilación do bagazo.
“Destacan pezas únicas coma os carochos, cubetes feitos dun só tronco de castiñeiro”
Destacan pezas únicas como a colección de caracochos (cubetas feitos de tronco de castiñeiro) ou unha gran cuba con tódolos elementos de madeira. Nos paneis explícanse tódalas tarefas que se levan a cabo na viña ata a recolección, transformación e almacenaxe do viño.