Está situada nos baixos do edificio principal (200m2) e nela reflíctense diversos aspectos etnográficos e patrimoniais da Ribeira Sacra. É unha sala en profunda transformación que na actualidade recolle unha miscelánea patrimonial e informativa sobre aspectos relevantes da zona.
“Na sala hai un espazo adicado ao Entroido Ribeirao”
A exposición está presidida por unha gran maqueta da Ribeira Sacra a escala 1:25000, onde están sinalados os elementos patrimoniais máis salientables.
Hai un espazo adicado ao "Entroido Ribeirao" e está en preparación un adicado aos artesáns de ribeira (a cestería e a olería de Gundivós e Niñodaguia).
IGREXAS ROMÁNICAS DA RIBEIRA SACRA
Mapa interactivo, sitúe o cursor sobre os iconos e clique para ver as fotografías.