voltar á fundación
Como chegar
voltar á fundación
Como chegar
 
Ecomuseo
Viticultura tradicional
O Románico
O Río
A Ribeira
xeografía física
Cultura
Vexetación

 



En Construcción

 
Cambiar idioma
   
   
   

A Ribeira asenta na zona de confluencia do ríos Sil e Miño; dende Portomarín ata os Peares e dende aquí ata Castro Caldelas no río Sil, cun total de 13 concellos, que se amplía ata 20 cando falamos da Ribeira Sacra dende o artellamento dunha extensa zona co gallo de buscar a súa potenciación como nome de marca referencial para esta zona de 2319 Km2 e con 71603 H. distribuídos nos concellos de Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, Paradela, Saviñao, Pantón, Sober, Monforte, Brollón, Ribas de Sil e Quiroga, na provincia de Lugo, e A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Xunqueira de Espadañedo e Esgos (estes dous últimos concellos non son ribeiraos) na provincia de Ourense.

O elemento común e aglutinante destes concellos son os río Sil e Miño e os seus vales, onde se estende unha paisaxe sociocultural e historicoeconómica que lle da unha coherencia e espazo como zona común. Fora do val dos ríos a homoxeneidade vaise perdendo a medida que nos achegamos a outras realidades próximas como o Val de Lemos, Courel, Maceda ou Terra de Trives.

Granitos e pizarras son os elementos xeolóxicos máis visibles en toda a zona do val de ámbolos ríos que acabou de modelarse no Terciario. A Ribeira Sacra está ubicada entre tres unidades do relevo perfectamente diferenciadas: A Serra do Faro no Oeste, a depresión de Lemos no Leste e os rebordes montañosos das serras ourensáns. Na parte lucense, o río escava o seu val nunha superficie que se eleva entre os 500 e 600 m. sobre o nivel do mar, presidida por unha sucesión de suaves vales e pequenos outeiros, erosionada pola acción de pequenos ríos como o Asma, Búbal, Sardieira, etc. Na zona do Sil, o río encáixase nun val máis pechado e de maior altura, sobre os 700 m., escoltado polo S. polos montes ourensáns, presididos pola Caeza de Meda a 1344 m.

A Ribeira Sacra goza dunhas condicións climáticas específicas, marcadas pola transición á variante do Mediterráneo continentalizado que se fai máis evidente na medida en que descendemos de N. a S. e de W. E. O clima da ribeira goza dunha condición máis benigna reflectido nunhas menores precipitacións (entre 900 e 700 l/m2), máis insolación, e sobre todo, a inexistencia de xeadas é o que marca a gran diferenza coas zonas colindantes, o que posibilita o exitoso cultivo das videiras e a presenza de oliveiras, érbedos e mesmo laranxeiras.

 

Contactar