voltar á fundación
A fundación O contorno Publicacións Como chegar
voltar á fundación
Como chegar
 
Ecomuseo
Viticultura tradicional
O Románico
O Río
A Ribeira
xeografía física
Cultura
Vexetación








 
Cambiar idioma
   
   
   

A sala da “Viticultura Tradicional”, acolle os elementos materiais e explicativos do cultivo e transformación tradicionais, propios da economía de subsistencia, hoxe desaparecida.

Nesta sala fican reflectidos os aspectos máis salientabeis do cultivo, a vendima, o transformado, o transporte, almacenaxe e a estila, a través dunha abundante cultura material complementada con aspectos documentais sobre os mesmos.

O cultivo das videiras iniciouse baixo a influencia de Roma, entre os S. II e III da nosa era, pero será a partir do S. VII, coincidindo coa implantación organizada do cristianismo, cando comeza o labor de colonización do val do río Miño, sendo lugar de ubicación de heremitorios e cenobios; andando o tempo xermolaron en mosteiros que a partir do S. XII comezaron a quedarse a meirande parte en igrexas románicas.

A proliferación de establecementos relixiosos nos vales do Miño e curso baixo do Sil, ten que ver coa importancia do viñedo, primeiro como elemento simbólico e logo cunha forte carga económica. Persoeiros como S. Martiño Dumiense no S.VI e Odoario no VIII son dúas referencias históricas, relacionadas co impulso colonizador do val por parte da Igrexa. Nun diploma de Teresa de Portugal do ano 1127 faise referencia a esta zona como Rivoira Sacrata, aínda que o documento se centra máis no baixo Sil, documentos posteriores abranguerán o Val do Miño na zona.

As videiras cultívanse en socalcos que permiten salvar a pendente, denominadas muras en O Saviñao, Taboada, Chantada e parte de Pantón; muros en Sober e Parada do Sil; calzadas en Pantón Nogueira de Ramuín e a Peroxa. En certas zonas unha mura ancha denomínase patal, unha viña pequena é un bacelo, as muras de baixa altura un calexote e unha viña moi grande unha granxa.

En moitas viñas podemos atopar a adega, xeralmente de planta rectangular, pequenas dimensións e cuberta a unha auga, cunha anteadega protexida por parras e pousadoiro de pedra. A adega era o lugar onde se gardaban os apeiros da poda, cava, renda, tratamentos e vendima; tamén o lugar onde coce-lo viño.

Logo das labores e tratamentos das videiras, a vendima comeza a primeiros de setembro, nos lugares máis meridionais e a rentes río, dende alí vai subindo pola ribeira ata finais de mes que remata nas viñas máis altas e peor orientadas. Nesta laboura con aspecto de festa, participaba a familia e achegados; nalgúns casos aparecía a figura do carreteiro que cobra un xornal, noutros casos algúns homes da propia familia facían de carreteiros. Navallas, cestas e cestos culeiros en algunha zona eran elementos indispensables para face-lo labor.

Contactar