Aixada de gallo largo para face-la cava, labor que requiría afondar na terra, gabiar.
:: Podón ::
Pequena coitela en forma de fouce, utilizada na poda e enxerta, para sacar madeira vella ou abrir os bravos para poñe-las pugas.
:: Serreta ::
Pequena serra de mango e folla curvas , utilizada para serrar a madeira das videiras na poda ou para cortas bravos na enxerta.
:: Tesoira ::
Tiseira utilizadas na poda das videiras. Ten un espolón curvo nunha das follas de corte para cortar varas de videira.
:: Vimbio ::
Planta de grande e diversa utilidade nas ribeira, utilizábanse para atar todo tipo de obxectos como un auténtico cordón.
:: Navalla ::
Navalla sen punta, utilizada para enxertar e tamén na vendima.
:: Puga ::
Anaco novo dunha póla dunha árbore que se introduce noutra para facer un enxerto. Púa
:: Forcada ::
Ferramenta que consta dun mango longo con varios gallos na punta, para coller toxos, palla, herba, etc. Galleta
:: Cesto ::
Cesto feito con tiras de madeira de salgueiro e asa de vidalo, cunha capacidade aproximada de 50 kg., utilízase fundamentalmente para o carrexo de uvas na vendima, aínda que pode cumprir outras labores de transporte na ribeira.
:: Máquina de sulfatar ::
Máquina de sulfatar de pequena capacidade, con panca de carga na parte superior.
:: Fol ::
Fol de tapa de madeira e fol de coiro, utilizado para da-lo xofre as videiras.
:: Pipo para o sulfato ::
Cubete duns 150 litros, aberto por un dos seus tempos para facer a función de depósito no que se mesturaba auga, sulfato en pedra e cal morta para obter o "caldo bordelés".
:: Ola para o sulfato ::
Ola de 16 litros feita en barro de Gundivós, utilizada para leva-lo sulfato desde o pipo ata a sulfatadora.
:: Cesta ::
Cesta especialmente deseñada para a vendima, feita en madeira de salgueiro, con asa do mesmo material, na forma imita ó cesto.
:: Arca de uvas ::
Arca de madeira de castaño utilizada para subi-las uvas da ribeira á adega nun carro de vacas, e pisa-las uvas nela, levando o bagazo e mosto en vasillas para a cuba.
:: Barca con pouso ::
Barca tradicional. Ten unhas dimensións de 3 x 190 m. e dúas popas, cos seus remos e pouso, construída integramente en madeira de castaño. O pouso pódese montar e desmontar, unhas tíñano todo o ano e outras poñían cando a labor de transporte entre as dúas beiras o demandaba como no caso da vendima.
:: Cuba de aros de madeira ::
Cuba de grandes dimensións e unha capacidade aprox. de 2.500 litros, non ten ningunha peza de ferro na súa montaxe,feita integramente en madeira, os arcos de salgueiro están atados con vimbio cada pouco e xeito especial nos extremos.
:: Estruxadora ::
Máquina de estruxa-las uvas para face-lo viño, colocábase sobre a boca da cuba. Está feita integramente en madeira. A súa moxega ten nun dos seus lados un corte semicircular para mellor apoiar o cesto na descarga.
:: Lagareta ::
Utensilio semellante á estrulladora, colocábase sobre a boca da cuba para votar na súa moxega as uvas e logo pisalas, debido á trampilla que ten na base só pasaba o zume, o rematar de pisar abríase a trampilla e pasaba o bagazo estrullado, volvese a pecha-la trampilla para baleira-los cestos.
:: Aviñador ::
Pau de vidueiro de 1'20 m. rematado en varios gallos para remexer ben o bagazo na cuba.
:: Barcal ::
Recipiente de madeira de castaño de forma ovalada con agarradeira e boca para vaciar, utilizada baixo as cubas para amparar as escorras de viño nas transfegas e cado se ía á cuba.
:: Funil ::
Embude de grandes dimensións utilizado nas trasfegas e para saca-lo viño fora da adega en botas e cubetes.
:: Xerros ::
Xerras feitas en Gundivós, dun litro e medio de capacidade a primeira e un litro as dúas seguintes. Cor marrón escurecida.
:: Ola ::
Ola de 16 litros, feita con barro da zona de Maceda (Ourense), de cor marrón ten unha capa de verniz exterior.
:: Cubete ::
Pequena cuba duns 500 litros, utilizada nas trasfegas para poñe-lo viño en limpo ou para facer un pouco de viño branco.
:: Peles ::
Botas para carreta-lo viño feitas de pel de cabra, sacada dunha soa peza desde a parte posterior logo cosida.
:: Pipa con asas ::
Pipa de 1'26 x 0'67 m., abombada no centro e con asas de ferro nos arcos exteriores, capacidade duns 200 litros.
:: Carro ::
Carro de vacas feito en madeira de carballo e co eixo de vídalo e lamia de ferro nas rodas de 2 ocos. Ten unha cheda de 2'40 x 1 m. nos seus extremos e un diámetro de roda de 104 cm.
:: Forquitas ::
Feixe de forquitas de carballo e castiñeiro, utilizadas para levanta-lo viño (varas cargadas de acios de uvas).
:: Alambique ::
Alambique feito en cobre, ten un ensamblaxe e remaches anteriores a soldadura do cobre.
Cunha capacidade de 250 litros., consta de pote, capacete, trompa e serpentín todos eles feitos en cobre.
:: Alquitara ::
Alquitara feita en integramente en cobre, de pequenas dimensións, 80 cm. de alto, cunha capacidade de 16 litros no seu pote.
Foi utilizada para facer licor-café, ten 62 anos de antiguedade.
:: Garrafón ::
Garrafón de cristal de 21 litros con forro de vimbio.