Contactar
A fundación ecomuseo O contorno Publicacións Como chegar
 
A Fundación
Arxeriz
Arcos
ecomuseo
o contorno
publicacións
como chegar
 
 
Notas de prensa

Novas
 
Cambiar idioma
   
   
   
Castelo de Doiras
Está situado dominando o río Cervantes, na desembocadura do Doiras, e é quizais o monumento máis coñecido e característico da serra dos Ancares.


Localizado na parroquia de Vilaspasantes, no concello de Cervantes, áchase o Castelo de Doiras ou tamén chamado de Ponte de Doiras, Ferreira, ou da Ferreiría, cecais pola súa proximidade á ferrería de Fonquente. Está situado a 700 m. de altitude dominando o río Cervantes ou Cancelada, na desembocadura do Doiras, e é quizais o monumento máis coñecido e característico da serra dos Ancares.


Aspecto actual do Castelo de Doiras.

      Divísase alá no alto, dende moi lonxe e esperta a atención e as lembranzas, a historia e a lenda.

      De moi difícil acceso, salvo pola súa parte sur, por onde chega o camiño, está situado sobre dura rocha, o que a converteu na fortaleza máis inespugnable e impresionante de Galicia. A súa porta de entrada ábrese a catro metros de alto; era imposible acceder a ela sen escadas ou axuda interior .

      Crese que data do século XV. A súa planta e rectangular (25 por 21 m.), e os seus muros teñen 8 metros de alto e 1,5 de ancho. O altor nembargantes é desigual, debido ós desniveis do terreo. A torre da homenaxe acada os 14 metros de altura, e ten planta rectangular (10 por 8 m.) con muros de 2 metros de espesor.

Foi do conde de Graxal de Campos, Señor de Cervantes, título que ate 1909 ostentou o duque de Sesto.

Gil Ramil, Julio. «Os Ancares, Fuerza Vital» , Everest (1994)


O Castelo de Doiras dende unha perspectiva aérea.

A DONIÑA CERVA  

Existe unha lenda vencellada a este castelo:

No castelo de Doiras moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e Aldara

O fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, parecéndolle ben ós seus pais, o casamento anunciouse. 

Un serán, Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán, criados e escudeiros, mesmo o seu namorado acompañado das súas xentes, foron na súa busca por montes e bosques, por pallozas e casaríos... despois dalgúns días de buscas infructuosas, deron por definitiva a perda de Aldara, maxinándoa morta por algún xabaril, algún oso, ou devorada polos lobos...

Un día Egas, estando de cazata, albiscou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro rematou coa vida do animal, pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo (ou, se cadra, porque a neve dificultaba o transporte), así que cortou a pata dianteira da cerva (para sinalar que o animal lle pertencía, ou para poder mostrar un trofeo que dera conta da súa fazaña). E cando foi amosarlle ó seu pai a pata da cerva ,

Outra perspectiva do Castelo de Doiras
contándolle o éxito atinxido, arrepiados, viron como, o que Egas sacou da bolsa foi unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncela fidalga. E nun dos dedos daquela man relucía un fermoso anel de ouro cunha pedra roiba. Pai e fillo lembraron que aquel era o anel da malfadada Aldara...

Con ánimo dorido correron monte arriba, cara o lugar onde Egas dera morte á cerva. Alí atoparon, deitado no chan, o cadáver de Aldara, á quen lle faltaba unha man...

Segundo o que di a lenda, algún mouro debeu encantala en figura de cerva, e a morte encargouse de volvela ó seu estado natural de doncela. Pero endexamais puido saberse a razón.

 

 
web desenrolada por novodesenho
Contactar