NOME: Sulfato de cobre en pedra ORIXEN: Fión, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS:
Pedras de sulfato de cobre que se disolvían con auga e cal morta no pipo para os tratamentos da videira.
NOME: Sulfatadora de cobre ORIXEN: Segán, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA:Fundación,
doazón de J. Manuel Carreira CARACTERISTICAS: Máquina de sulfatar fabricada nos obradoiros de Sober, de pequena capacidade, con panca de carga na parte superior.
NOME: Sulfatadora de cobre ORIXEN: Sta Mariña , Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Rosa Díaz CARACTERISTICAS: Máquina de sulfatar fabricada nos obradoiros de Sober, capacidade duns 20 litros, con panca de carga na parte superior.
NOME: Sulfatadora de cobre ORIXEN: Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Máquina de sulfatar fabricada nos obradoiros de Sober, de pequena capacidade, con panca de carga na parte inferior á altura da cintura.
NOME: Sulfatadora de cobre, de man con bombín ORIXEN: Moreda, Monforte ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS:
Máquina de sulfatar fabricada sen depósito incorporado para o sulfato, o mango desta máquina alongábase cunha goma para recoller o sulfato dunha ola. Cerca da boca ten un mecanismo de mol para absorbe-lo sulfato.
NOME: Navalla ORIXEN: A cova, O saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Roberto Expósito CARACTERISTICAS:
Navalla sen punta utilizada para enxertar e tamén na vendima.
NOME: Navalla ORIXEN: Atán, O saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Francisco García CARACTERISTICAS:
Navalla con punta roma utilizada para enxertar e tamén na vendima, ten empuñadura e folla curva.
NOME: Serreta ORIXEN: Arcos, Chantada ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón Soto Rodríguez CARACTERISTICAS: Pequena serra de mango e folla curvas , utilizada para serrar a madeira das videiras na poda ou para cortas bravos na enxerta.
NOME: Tesoira de podar ORIXEN: Vilasante, Saviñao ESTADO: Bo, restaurado PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Rosa Díaz CARACTERISTICAS: Tiseira utilizadas na poda das videiras.