voltar á fundación
A fundación O contorno Publicacións Como chegar
voltar á fundación
Como chegar
 
Ecomuseo
Viticultura tradicional
O Románico
O Río
A Ribeira
xeografía física
Cultura
Vexetación

 

En Construcción

 
Cambiar idioma
   
   
   

 

Inventario dos Fondos do Ecomuseo de Arxeriz
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10

NOME: Garrafón forrado con vimbio
ORIXEN: Saviñao
ESTADO: Bo, restaurado
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Roberto Expósito
CARACTERISTICAS:
Garrafón de cristal de 21 litros con forro de vimbio.

NOME: 1. Ola de latón; 2. Ola de Cobre
ORIXEN:
1. Pousadoiro-Fión, Saviñao
2. Peares, Carballedo
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA:
1. Fundación, doazón de Manuel Rodríguez
2. Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:
1. Ola de 17 litros, feita en latón polo artesán do latón de Chantada. Ten dobre asa lateral.
2 .Ola de 16 litros feita en cobre polos artesáns do cobre "Manolete" dos Peares.

NOME: Olas de latón
ORIXEN:
1. Escairón, O saviñao
2. Sabadelle, Chantada
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA:
1. Fundación, doazón de Evaristo Rodríguez
2. Fundación, doazón de José Ferreiro
CARACTERISTICAS:
1. Ola de 17 litros, feita en latón polo artesán do latón de Chantada, ten tres asas.
2. Ola de 21 litros (1 ola na medida de Chantada) feita en latón polo artesán do latón de Chantada

NOME: Cesto Culeiro
ORIXEN: Marce, Ferreira de Pantón
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Manuel Nieves
CARACTERISTICAS:
Cesto feito con tiras de madeira de salgueiro e asa de vidalo, cunha capacidade aproximada de 50 kg., utilízase fundamentalmente para o carrexo de uvas na vendima, aínda que pode cumprir outras labores de transporte na ribeira.

NOME: Cesta de boca aberta
ORIXEN: Escairón, O saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación,
adquisición
CARACTERISTICAS:
Cesta especialmente deseñada para a vendima, feita en madeira de salgueiro, con asa do mesmo material, na forma imita ó cesto.
Realizada polo cesteiro David Somoza

NOME: Cesta cilíndrica
ORIXEN: Escairón, O saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:
Cesta para a vendima e outras labores de recolleita, feita en madeira de salgueiro, con asa do mesmo material, ten forma cilíndrica.
Realizada polo cesteiro David Somoza

NOME: Pipo para o sulfato
ORIXEN: Marrube, Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Pablo Mosquera Álvarez
CARACTERISTICAS:
Cubete duns 150 litros, aberto por un dos seus tempos para facer a función de depósito no que se mesturaba auga, sulfato en pedra e cal morta para obter o "caldo bordelés".

NOME: Ola para leva-lo sulfato
ORIXEN: Marrube, Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Pablo Mosquera Álvarez
CARACTERISTICAS:
Ola de 16 litros feita en barro de Gundivós, utilizada para leva-lo sulfato desde o pipo ata a sulfatadora.

NOME: Fol
ORIXEN: Saviñao
ESTADO: Bo, restaurado
PROCEDENCIA: Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:
Fol de tapa de madeira e fol de coiro, utilizado para da-lo xofre as videiras.

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10
     <anterior
páx. 8/10 
seguinte>     
Contactar