NOME: Cuba de 6 aros de madeira ORIXEN: R. de Miño, Ferreira de Pantón ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
adquisición CARACTERISTICAS:
Cuba de grandes dimensións e unha capacidade aprox. de 2.500 litros, non ten ningunha peza de ferro na súa montaxe,feita integramente en madeira, os arcos de salgueiro están atados con vimbio cada pouco e xeito especial nos extremos.
Ten 3 arcos a cada beira.
NOME: Cuba con aros de madeira e ferro ORIXEN: A Portela-Diomondi, Saviñao. ESTADO: Bo, resturado PROCEDENCIA:Fundación, doazón de Luís Varela CARACTERISTICAS: Cuba cunha capacidade aprox. de 1.500 litros, suxeita por catro arcos de madeira (dous a cada banda) de loureiro e dous de ferro.
NOME: Cubete don arcos de madeira e ferro ORIXEN: Paderne, Ferreira ESTADO: Restaurado PROCEDENCIA: Fundación, adquisición. CARACTERISTICAS: Pequena cuba duns 500 litros, utilizada nas trasfegas para poñe-lo viño en limpo ou para facer un pouco de viño branco.
NOME: Cubete ORIXEN: Escairón, O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Miguel Varela CARACTERISTICAS: Pequeno cubete de 32 litros., feito con liobas simétricas.
NOME: Cantimplora ORIXEN: Escairón, O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Miguel Varela CARACTERISTICAS: Cantimplora de 5 litros, feita integramente de madeira, con aros de latón e cinta de coiro pra o seu transporte. Feita por Antonio Varela Quiroga.
NOME: Estruxadora ORIXEN: S. Vicente , O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de J. Antonio López Rojo CARACTERISTICAS: Máquina de estruxa-las uvas para face-lo viño, colocábase sobre a boca da cuba. Está feita integramente en madeira.
A súa moxega ten nun dos seus lados un corte semicircular para mellor apoiar o cesto na descarga.
NOME: Lagareta ORIXEN: O Saviñao ESTADO: Bo, restauradas PROCEDENCIA: Fundación, elaboración propia seguindo os modelos da documentación CARACTERISTICAS: Parecida á estrulladora, colocábase sobre a boca da cuba para votar na súa moxega as uvas e logo pisalas, debido á trampilla que ten na base só pasaba o zume, o rematar de pisar abríase a trampilla e pasaba o bagazo estrullado, volvese a pecha-la trampilla para baleira-los cestos.
NOME: Escairo ORIXEN: Fión, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Telmo Rodríguez CARACTERISTICAS: Pequeno escairo de catro pasos para subir á cuba, ben vaciar uvas, barrar, aviñar...etc
NOME: Aviñador ORIXEN: Marce. Ferreira de Pantón ESTADO: Bo, restaurado PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Manuel Nieves Salgueiro. CARACTERISTICAS: Pau de vidueiro de 1'20 m. rematado en varios gallos para remexer ben o bagazo na cuba.