NOME: Arca de uvas ORIXEN: Marrube, O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Pablo Mosquera Álvarez. CARACTERISTICAS:
Arca de madeira de castaño de 1' 73 m. x 0' 75 x 0'82 m. na súa parte superior, xa que na súa base as medidas son menores debido a súa forma troncopiramidal; utilizada para subi-las uvas da ribeira á adega nun carro de vacas, e pisa-las uvas nela, levando o bagazo e mosto en vasillas para a cuba.
NOME: Cubete de caracocho ORIXEN: Sta. Mariña ESTADO: Bo, resturado PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Pepe Troyas e Roberto Expósito de a Barxa CARACTERISTICAS:
Cubete feito nun tronco de castiñeiro, nunha soa peza, cos tempos de varias táboas, dunha capacidade aprox. de 200 litros.
NOME: Candil ORIXEN: A Cova, O Saviñao ESTADO: Bo, Restaurada PROCEDENCIA: Fundación, adquisición. CARACTERISTICAS:
Candil con depósito e mecha dentro de armazón de latón e cristal.
NOME: Candil ORIXEN: Mourelos, O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición. CARACTERISTICAS:
Candil de dous corpos (dous conos) feito en cobre, con depósito no corpo inferior e mecha con tapón de depósito na parte superior.
NOME: Candil ORIXEN: Mourelos, O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS:
Candil con depósito e mecha sen armazón de latón e cristal.
NOME: Candil de carburo ORIXEN: Marrube, O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Pablo Mosquera Álvarez. CARACTERISTICAS:
Candil con depósito cilíndrico para o carburo e mecha con espello reflectinte.
NOME: Peles de viño ORIXEN: Sabadelle, Chantada ESTADO: Bo, restauradas PROCEDENCIA: Fundación,Fundación, doazón de José Ferreiro de Vilar CARACTERISTICAS:
Botas para carreta-lo viño feitas de pel de cabra, sacada dunha soa peza desde a parte posterior que logo había que pechar coséndoa.
NOME: Arcos de madeira ORIXEN:Ribeiras de Miño, Ferreira de Pantón ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Rosendo de Barciela CARACTERISTICAS:
Parella de arcos de madeira de salgueiro para unha cuba de mediana capacidade. Facíanse principalmente de madeira de salgueiro ou loureiro cortada en boa lúa. A madeira dobrábase coa axuda dun oco de castiñeiro e unha pedra curva.
NOME: Enxeno para aperta-los arcos de madeira na cuba. ORIXEN: Sabadelle, Chantada ESTADO: Bo, restaurado PROCEDENCIA: Fundación,Fundación, doazón de José Ferreiro de Vilar CARACTERISTICAS:
Enxeno de madeira con panca móbil de ferro para aperta-los arcos na cuba, o mango fai a función de panca.