voltar á fundación
A fundación O contorno Publicacións Como chegar
voltar á fundación
Como chegar
 
Ecomuseo
Viticultura tradicional
O Románico
O Río
A Ribeira
xeografía física
Cultura
Vexetación

 

En Construcción

 
Cambiar idioma
   
   
   
Inventario dos Fondos do Ecomuseo de Arxeriz
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10

NOME: Agullas
ORIXEN: O Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:
Agullas feitas en madeira e utilizadas para preparar e tecer as redes de pesca.

NOME: Cortiza
ORIXEN:
Mourelos
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:
Anaco de cortiza de sobreira de 20x20 cm. aprox.

NOME: Tesoira para coller anguías
ORIXEN:
Marce, Ferreira
ESTADO: Bo, Restaurada
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Manuel Caminero.
CARACTERISTICAS:
Tiseira de folla grande e serrada para colle-las anguías cando se facía unha seca nunha zona propicia do río Miño a altura de Marce.

NOME: Caña de bambú
ORIXEN: Currrelos,O Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Gonzalo Fernández Mariño
CARACTERISTICAS:
Caña de bambú dúns 4 m. e con 4 empates dun 1 m. cada un deles con casquillos de metal para engastar unhas pezas noutras.

NOME: Alambique
ORIXEN:
Peares
ESTADO: Bo. restaurado
PROCEDENCIA: Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:

Alambique feito en cobre, cunha antiguedade duns 80 anos , ten un ensamblaxe e remaches anteriores a soldadura do cobre.
Cunha capacidade de 250 litros., consta de pote, capacete, trompa e serpentín todos eles feitos en cobre.

NOME: Alquitara
ORIXEN: Sabarei
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón familia Soto Rodríguez
CARACTERISTICAS:
Alquitara feita en integramente en cobre, de pequenas dimensións, 80 cm. de alto, cunha capacidade de 16 litros no seu pote.
Foi utilizada para facer licor-café, ten 62 anos de antiguedade.

NOME: Carro de Vacas do país
ORIXEN: Currelos, Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación,Fundación, doazón familia Soto Rodríguez.
CARACTERISTICAS:
Carro de vacas feito en madeira de carballo e co eixo de vídalo e lamia de ferro nas rodas de 2 ocos.
Ten unha cheda de 2'40 x 1 m. nos seus extremos e un diámetro de roda de 104 cm.

NOME: Pipa carral
ORIXEN: S. Vicente, O Saviñao
ESTADO: Bo. restaurado
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de J. Antonio López Rojo.
CARACTERISTICAS:
Pipa feita en madeira de castaño, de forma cilíndrica con grandes dimensións, 1'80 x 0'60 m. Especialmente adaptada para transportala en carro de vacas, sobre unha cama de feixes de palla ou sobre cuñas de madeira para evita-los brincos da rixidez dos carros.

NOME: Pipa
ORIXEN: Marrube
ESTADO: Bo, restaurada
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Pablo Mosquera Álvarez
CARACTERISTICAS:
Pipa de 1'26 x 0'67 m. , abombada no centro e con asas de ferro nos arcos exteriores, capacidade duns 200 litros.


1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10
     <anterior
páx. 3/10 
seguinte>     
Contactar