NOME: Nasa de madeira ORIXEN: Ribela, O Saviñao ESTADO: Bo, restaurada PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS:
Nasa para a pesca de troitas en río pequeno. Feita polo cesteiro David Somoza, dunha lonxitude de 57 cm., ten dous corpos diferenciados, a boca de forma helicoidal ten 50x36 cm., esta vai descendendo en forma cónica ata rematar adentrada na cámara, servindo así de peche para os peixes que se introducen con facilidade, pero que non atopan a saída.
Feita con tiras de madeira de salgueiro, utilizábase paras poñer en zonas de paso das troitas ou ben en pasos estratéxicos á espera da chegada da troita escurriscada polo pescador augas arriba.
NOME: Nasa, Galarito, Masoiro ORIXEN: S. Vitorio, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Nasa de grandes proporcións, utilizada para a pesca de anguías e outros peixes no río Miño. Ten soportes laterais de madeira, boca en forma de arco para dar acollida a un corpo con estrutura de aros de ferro; neste caso a propia rede forma un boca cónica que servirá para que o peixe se introduza e imposibilitando a súa fuxida, ten aros de ferro e rede de nailon, medidas de 1´80x 0´80 m.
NOME: Volante ORIXEN: Atán, Ferreira de Pantón ESTADO: Restaurada PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Francisco García. CARACTERISTICAS: Nasa para a pesca de anguía no río Miño, de 90x30 cm. esta confeccionada con rede de fío e aros de madeira. Ten o mesmo sistema de funcionamento que as anteriores.
NOME: Trasmaio de fío branco ORIXEN: S. Vitorio, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: É un anaco de trasmaio de pequenas dimensións, 2´50x 1 m., utilizado para a pesca de anguía e outros peixes que poden quedar atrapados na súa bolsa inferior.
NOME: Trasmaio de nailon verde ORIXEN: S. Vitorio, Saviñao ESTADO: Partes deterioradas PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Trasmaio de grandes dimensións, 5 1 m., utilizado para a pesca de anguía e outros peixes.
NOME: Arco ORIXEN: S. Vitorio, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Arte de pesca que consta dunha boca rixidizada cun arco de madeira de loureiro, cunha rede duns 4 m. a modo de colador. Utilizábase para a pesca da anguía na boca dos caneiros e pescos do río Miño, onde se situaba fixada a espera da anguía cando esta baixaba río abaixo para o desove. Aínda se sigue utilizando nos caneiros de Portomarín e o Páramo, cando as condicións do encoro o permiten.
NOME: Chumbeira ORIXEN: S. Vitorio, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Arte de pesca consistente en lanzar unha rede con chumbos no borde da rede, para afondar lixeira, e logo recoller creando unha bolsa que atrapaba os peixes da zona onde caia.
NOME: Forcado ORIXEN: S. Vitorio, Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Especie de ganapán ou forcado de madeira cunha rede a modo de coador para recolle-lo peixe do río.
NOME: Fisga ORIXEN: O Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
adquisición CARACTERISTICAS: Tridente de pequenas dimensións, improvisado cun garfo de metal endereitado e suxeito a un pau para pinchar as anguías.