voltar á fundación
A fundación O contorno Publicacións Como chegar
voltar á fundación
Como chegar
 
Ecomuseo
Viticultura tradicional
O Románico
O Río
A Ribeira
xeografía física
Cultura
Vexetación

 

En Construcción

 
Cambiar idioma
   
   
   
Inventario dos Fondos do Ecomuseo de Arxeriz
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10

NOME: Tesoira de podar con espolón
ORIXEN: Vilasante, Saviñao
ESTADO: Bo, restaurado
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Rosa Díaz
CARACTERISTICAS:
Tiseira utilizadas na poda das videiras. Ten un espolón curvo nunha das follas de corte para cortar varas de videira.

NOME: Podón
ORIXEN: Escairón, Saviñao

ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, adquisición
CARACTERISTICAS:
Pequena coitela en forma de fouce, utilizada na poda e enxerta, para sacar madeira vella ou abrir os bravos para poñe-las pugas.

NOME: Feixe de forquitas
ORIXEN: Fión, Saviñao

ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Manuel Quiroga Vázquez.
CARACTERISTICAS:
Feixe de forquitas de carballo e castiñeiro, utilizadas para levanta-lo viño (varas cargadas de acios de uvas).

NOME: Pechadura
ORIXEN: Guxeba, Chantada
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Ramón de Guxeba.
CARACTERISTICAS:
Típica pechadura de ferro que se poñía nas adegas.

NOME: Aixada de rendar
ORIXEN: Sta. Mariña, O Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación,
doazón de Rosa Díaz
CARACTERISTICAS:
Aixada de gallo pequeno para face-la renda e escaravella, labores para saca-las herbas e achaia-la terra.

NOME: Aixada de cavar
ORIXEN: Sta. Mariña, O Saviñao
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Francisco Rodríguez
CARACTERISTICAS:
Aixada de gallo largo para face-la cava, labor que requiría afondar na terra, gabiar.


NOME: Feixe de vimbias
ORIXEN: Ribeiras de Miño, Ferreira de Pantón
ESTADO: Bo
PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Francisco García
CARACTERISTICAS:
Feixe de vimbias, planta de grande e diversa utilidade nas ribeira, utilizábanse para atar todo tipo de obxectos como un auténtico cordón.

NOME: Penso de lagar
ORIXEN: Arxeriz
ESTADO: Aceptable
PROCEDENCIA: Fundación
CARACTERISTICAS:
Peza de pedra de forma cilíndrica con dúas entaladuras laterais e un asento central para o pau que facía xirar a panca para empuxa-lo taboado que estrullaba os acios no lagar.

NOME: Garrafón de 60 litros
ORIXEN: Chantada
ESTADO: Cuberta restaurada
PROCEDENCIA: Fundación, cesión de familia Manolo Mazaira
CARACTERISTICAS:
Garrafón de grandes dimensións, 55 cm. de diámetro por 70 cm. de alto. Está protexido por unha estrutura de ferro e entre o cristal e este leva unha protección de palla.
Ten unha antigüidade de 120 anos aprox., utilizouse para gardar viño, augardente e para face-lo licor café.

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10
     <anterior
páx. 10/10
 
Contactar