NOME: Maqueta topográfica ORIXEN: Vilanova Cerveira, Portugal ESTADO: Nova PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS:
Maqueta de 4´40 x 2 m. Representa o espacio xeográfico comprendido nas follas nº 123, 155 e 188 do topográfico nacional 1: 50.000. A maqueta está representada a escala 1: 25.000, e contén referencia a xeografía (ríos, montes, poboacións, embalses, club fluvial) , Hº e patrimonio románico, medieval, castrexo, megalítico, pazos e santuarios .
NOME: Canastas ORIXEN: Mourelos ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Dúas canastas unidas por unha ponte semicircular de tiras de madeira que tamén servia para acoplar as canastas á cabalería. Realizado con madeira de salgueiro. Utilizabase para o transporte de productos da ribeira ata as feiras. Pensadas para acoplar a unha cabalería.
NOME: Volante ORIXEN: Santiago de Arriba (Chantada) ESTADO: Nova PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Volante típico do Antroido Ribeirao da zona de Chantada, nas parroquias de Nogueira, Sariña e Vilauxe. Está montado nun maniquí. Foi confeccionado pola Asociación de Amigos do Antroido Ribeirao.
A roupa está confeccionada con pano de cor vermella e amarela, aínda que tamén, máis recentemente se acude (minoritariamente) a outras cores como azul e branco.sobre a cabeza leva un pano negro e un pucho engalanado con cintas de cores de papel denominadas colonias.A estrutura do pucho é de madeira. Os volantes levan un cinto cargado de campaíñas do gando que alternan as de son grave ou machos e de son agudo, femias. O seu papel é o de brincar para mover as colonias e facer soar ás campaíñas.
NOME: Peliqueiro ORIXEN: Santiago de Arriba (Chantada) ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Vestimenta propia de peliqueiro, Feito con roupa vella, peles de ovella, con máscara de pel de ovella e cinto de coiro, aínda que pode ir vestido sen peles, pero sempre cunha pelica o lombo e unha choca no cinto.
Disfraz propio para moitos dos días de Antroido ribeirao, o peliqueiro é un personaxe do Antroido que abre camiño os volantes e carga co cinto os que aparezan diante.
NOME: Coroza ORIXEN: Paraño, Ourense ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Traxe tradicional do rural galego para tempo de choiva, moi apropiado para ir o monte co gando ( como no caso dos perigüeiros ) e outros usos. Tamén no Antroido, pois permite o anonimato.
Consta de capa, chaleco, caparuza e polainas, todas elas feitas en xunco.
NOME: Barca con Pouso ORIXEN: Saviñao ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación, adquisición CARACTERISTICAS: Barca tradicional desta zona do Miño, construída no 2.002 polo carpinteiro Roberto Expósito de A Cova .Ten unhas dimensións de 3 x 190 m. e dúas popas, cos seus remos e pouso, construída integramente en madeira de castaño. O pouso pódese montar e desmontar, unhas tíñano todo o ano e outras poñían cando a labor de transporte entre as dúas beiras o demandaba como no caso da vendima.
NOME: Barca de paso ORIXEN: Barciela, R. de Miño, Ferreira de Pantón ESTADO: Nova PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Manuel Serodio e familia CARACTERISTICAS: Barca utilizada para o pasos de camiñantes, gando e todo tipo de produtos. Ten 4´40 x 2´30 e dúas popas, m..Feita integramente en madeira de castaño. Foi completamente restaurada debido o seu mal estado de conservación.Facía o servizo entre Barciela ( Ribeiras de Miño e Souto en (Chantada ) ámbolos dous anegados polas augas do embalse de Belesar; estivo en activo ata principios dos anos 80, cando deixou de funcionar, aínda que o seu cometido orixinal perdeuno co encoro de Peares no 1.955. O seu barqueiro era Manuel Serodio Moure.
NOME: Barca do Miño ORIXEN: Belesar ESTADO: Restaurada PROCEDENCIA: Fundación, doazón de Santiago
Expósito CARACTERISTICAS: Barca de tipoloxía distinta das anteriores, ten unha proa e popa diferenciadas; é máis propia da zona de Portomarín, aínda que se pode atopar nos dous embalses. Ten unha tipoloxía parecida ó do batuxo da cabeceira do Miño.
De 2´80x1´70 m. ten forma rectangular , coa popa en semicírculo e a popa en ángulo recto.
NOME: Barca de Dornas ORIXEN: Arxeriz ESTADO: Bo PROCEDENCIA: Fundación,
elaboración propia seguindo os documentos fotográficos da época CARACTERISTICAS: Barco de orixe incerto, feito con dous troncos de castaño baleirados ( dornas) e traballados en forma de piragua, unidos por unha plataforma central de madeira que sirve de base para o transporte.
Ten unhas dimensións de 3x1´90 m.