O lugar de Arxeriz áchase situado na parroquia de Fión, Concello de O Saviñao, a 200 m da estrada Escairon-Ferreira de Pantón. O topónimo correspóndese co lugar acasarado de Arxeriz

Carballeira, no contorno de Arxeriz |
A parroquia de Fión fica ó Sur do Concello de O Saviñao e serve de límite co veciño Concello de Ferreira de Pantón. Caracterízase por situarse entre a Ribeira e as estribacións do val de Lemos; o lugar de Arxeriz ubícase volcado ó Miño no que Otero Pedraio denominaba bocarribeira.
Arxeriz componse do lugar acasarado e unha finca, na que se ubica , con 24 Ha. de superficie, nunha soa peza perfectamente delimitada. A mais das case 2 Ha. do campo da antiga escola.
A finca ten 3 Ha. adicadas a prado, 7 Ha. repoboadas no 1998 con especies autóctonas, 1 Ha. con cultivos diversos (horta, viña, frutais...) e as 12 restantes ocupadas polo monte baixo, bosque mixto de caducifolias e outras especies como piñeiros e eucaliptos, resultas dunha repoboación feita nos anos 50.
A súa ubicación faina moi atractiva dende o punto de vista da paisaxe e patrimonio: é unha balconada sobre o río Miño nunha das paraxes máis emblemáticas da Ribeira: a curva de A Cova e o Cabo do Mundo.

Panorámica da Ribeira |
Nun curto radio podemos atopar un grupo importante de lugares con atractivo dentro da Ribeira Sacra; así a 800 m., podémonos achegar á igrexa parroquial de S. Lourenzo de Fión, con ábsida románica e interesantes pinturas murais do século XV, na bóveda do presbiterio. A 2 Km encontrámonos coa importante igrexa románica de S. Martiño da Cova, encadrada nunha ladeira ben orientada. Nun radio de 10 Km atopamos mostras románicas de grande importancia como: S. Pelaio de Diomondi, S. Estevo de Ribas de Miño, Marrube, Seteventos, Eiré, Atán, Ferreira, Pesqueiras, S.S. de Asma, Camporramiro, Nogueira ou Chouzán.

Igrexa de Eiré
|

Igrexa de Sto. Estevo de Ribas de Miño |
A 1 Km atópase unha das mellores necrópolis megalíticas da Ribeira Sacra. Trátase das mámoas do “Monte da Morá” que radican na súa meirande parte na veciña parroquia de Vilar de Ortelle, igual que o Castro homónimo. A 5 Km está o Dlmen de Abuime.
A área Fluvial de A Cova está a 3,5 Km. Dende aí iníciase a estrada que percorre a ribeira ata Belesar, preto do río.
Este contexto converte a Arxeriz nun lugar idoneamente situado dentro das zonas de alto interese da Ribeira Sacra, tanto dende o punto de vista paisaxístico como histórico – artístico e patrimonial. |